Agora podes visitarnos na nosa nova páxina web máis actualizada e completa: http://nncteatro.wix.com/nncteatro

         NNC Teatro é unha compañía de teatro afeccionado que comezou a súa andaina aló polo 2004 ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade forman parte de NNC Teatro: Beatriz Méndez, Carla Capeáns, Roi Méndez e Paula Díaz. Así mesmo, colaboran activamente coa compañía Pablo G. Ferradás e Saúl Muíños.

       Finalista en tres ocasións do Festival de Teatro Agustín Magán, a compañía compostelá vén de acadar, con "Pim, Pam, Clown", o premio á mellor actriz (Beatriz Méndez) e unha mención especial ao mellor espectáculo.