Obras en Cartel
16:01
Agora podes visitarnos na nosa nova páxina web máis actualizada e completa: http://nncteatro.wix.com/nncteatro
- Pim, Pam, Clown, de Tomás Afán
Carla Capeáns
Roi Méndez
Beatriz Méndez
Paula Díaz
· Espazo sonoro: Roi Méndez e Pablo Ferradás
· Espazo sonoro: Roi Méndez e Pablo Ferradás
· Iluminación: Beatriz Méndez e Roi Méndez
· Deseño de vestiario: Beatriz Méndez
· Deseño de cartaz e programa de man: Roi Méndez
· Escenografía e atrezzo: NNC Teatro
· Ano da montaxe: 2012
· Deseño de vestiario: Beatriz Méndez
· Deseño de cartaz e programa de man: Roi Méndez
· Escenografía e atrezzo: NNC Teatro
· Ano da montaxe: 2012
Pim, pam clown, é un texto para público familiar, que desenvolve as principais características do clown: a inxenuidade, a fanfurriñada, a curiosidade, o asombro…. A partir destes carácteres, o texto trenza un argumento en torno á guerra, que, sempre aderezado con humor e con certo surrealismo, fai fincapé nas tremendas doses de absurdo que sempre están detrás de calquera enfrontamento armado. E deste modo presenta personaxes tan paradóxicas como as do clown que ama tanto as bandeiras que sería capaz de morrer pola súa bandeira e ata pola bandeira dos inimigos, ou o xeneral clown que intenta convencer a dous paiasiños pacifistas de que a guerra é un xogo moi “diver” e apenas perigoso, aínda que haxa xente despistada que choque coas balas, ou xente parviña que se mete nos sitios onde van caer as bombas. En fin, un catálogo de trangalladas bélicas, que a través do humor pretende invocar á tolerancia e á solución pacífica dos conflitos, como bálsamo necesario nestes inquedantes tempos armados
- Esperando a Godot, de Samuel Beckett
· Dirección: Beatriz Méndez
· Elenco:
Roi Méndez
Carla Capeáns
Paula Díaz
Beatriz Méndez
Saúl Muíños
· Iluminación, espazo sonoro e escenografía: Beatriz Méndez
· Vestiario e maquillaxe: Beatriz Méndez
· Deseño de cartaz e programa de man: Roi Méndez
· Ano da montaxe: 2011
· Ano da montaxe: 2011
A obras está dividida en dous actos. Os protagonistas desta historia son Vladimir (tamén chamado “Didi”) e Estragón (tamén chamado “Gogo”). Os dous chegan a un lugar xunto a un camiño, ao lado dunha árbore, para esperar a chegada de Godot. Vladimir e Estragón, que semellan ser dous vagabundos, pasan o tempo conversando e ás veces discutindo. Fan vagas alusións sobre a natureza das súas circunstancias, e sobre as razóns para atoparse con Godot (pero o público nunha chega a saber quen é Godot). Pronto os interrompe a chegada de Pozzo, un home cruel que afirma ser o dono da terra onde se atopan, xunto co seu criado Lucky, a quen parece controlar por medio dunha longa corda. O celebérrimo final da obra resume con claridade a súa falta de acción:
Vladimir.- Entón, marchamos?
Estragón.- Ímonos
(Non se moven. Telón)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)