Membros

Agora podes visitarnos na nosa nova páxina web máis actualizada e completa: http://nncteatro.wix.com/nncteatro


Beatriz Méndez


Entrou na compañía no ano 2004. Participou como actriz en "As mulleres sabias", "Segredos a Voces", "Golpe de Estado""Fin de Partida", "Esperando a Godot" e "Pim, pam, clown". No 2010, dirixiu o espectáculo "Peza para dous actores" polo que recibiu na XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia o premio á mellor dirección e mellor deseño de vestiario. Ademáis, traballou como actriz en "Trufaldino (servidor de dous amos)", "Xogos á hora da sesta", "As Raíñas""As Cuñadas" e "Historia de Pura e Angelita" da Aula de Teatro da USC. 



Carla Capeáns


Forma parte de NNC Teatro dende o ano 2011. Participou como actriz en "Esperando a Godot" e "Pim, pam, clown" ademáis de colaborar como axudante de dirección nesta última montaxe da compañía. Traballou en "As Cuñadas", "Historia de Pura e Angelita" e "Comedia famosa do Cabaleiro de Olmedo" da Aula de Teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro. Así mesmo, colabora en revistas dixitais como crítica teatral e escribe, dende o 2008, o blog www.teatrogalego.com




Roi Méndez


Forma parte da compañía dende o 2010. Participou como actor en "Peza para dous actores", "Esperando a Godot" e "Pim, pam, clown". Traballou como actor nos seguintes espectáculos da Aula de Teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro: "O velorio de Pat O'Connor", "Trufaldino (servidor de dous amos)","As Cuñadas" e "Historia de Pura e Angelita" onde tamén participou como axudante de dirección.



Paula Díaz


É membro da compañía desde o 2004, pero antes xa formara parte do English Theatre Group (1996 - 2003) da USC. Participou como actriz en "As mulleres sabias", "Segredos a Voces", "Golpe de Estado", "Fin de Partida", "Peza para dous actores", "Esperando a Godot" e "Pim, pam,clown". Recibiu o premio á mellor actriz na X Mostra de Teatro Universitario de Galicia polo seu papel en "Fin de Partida".





Colaboran con NNC Teatro:


Pablo G. Ferradás

Colabora con NNC Teatro dende o 2011 como técnico de luz e son. Actualmente traballa como formador en “Foniatría e Educación da Voz” coa Fundación Instituto Avanza (Madrid) e a consultora de formación Hedima (Madrid) ademais da súa labor como profesor de voz en ESTUDIO, escola de música. 


Saúl Muíños

Traballou como actor en "Golpe de Estado" e "Fin de Partida", de NNC Teatro. Na actualidade colabora como actor no espectáculo "Esperando a Godot" ademais de exercer, en ocasións, de técnico de luz e son.