Finalistas do Festival de Teatro Agustín Magán 2010

     Non hai moitos días recibimos unha nova ben agradable: NNC Teatro acadou, con "Peza para dous actores" o segundo posto no Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.
    Os nosos parabéns aos grupos de Teatro Paso de Valverde por "Dramatico" e ao Aturuxo de Melpómene por "Non todos os ladróns veñen por mal" polo seu primeiro e terceiro posto respectivamente.
Parabéns! 

     As representacións terán lugar os días 14, 15 e 16 de decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela.



Peza para dous actores
· CÁNDO: Mércores 15 de decembro do 2010
· HORA: 21:00h
· ÓNDE: Teatro Principal de Santiago de Compostela