NNC Teatro actuará no Centro Sociocultural A Trisca



O venres 25 de Febreiro, NNC Teatro estará no Centro Sociocultural A Trisca ás 20:00h con "Peza para dous actores".

A pesar de que as condicións técnicas do sitio son case inexistentes, e de que non está pensado para realizar nel representacións teatrais, dende NNC pensamos que será unha das representacións mais bonitas e especiais de "Peza para dous actores".





Peza para dous actores
CÁNDO: Venres 25 de Febreiro 2011
HORA: 20:00h
ÓNDE: Centro Sociocultural A Trisca (Santiago de Compostela)